Ir arriba

Luns, 14 de Xullo do 2025

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Mércores, Luns, 14 de Xullo do 2025

AVISO IMPORTANTE!!

???AVISO IMPORTANTE PARA A VECIÑANZA DE CASTRELO DE MIÑO??? Desde o Concello de Castrelo de Miño, queremos informarvos dunha notificación recibida da Xunta de Galicia, relacionada cunha enfermidade de corentena que afecta ao piñeiro, causada polo nematodo Bursaphelenchus xylophilus (NMP). ?? Debido á ampliación da zona demarcada por esta praga, establécense obrigas para os propietarios de parcelas con piñeiros na zona afectada. As principais medidas son: ? Terán que identificar e cortar todos os piñeiros nos que se detecte a presenza do nematodo, estean mortos, con síntomas ou danados por incendios ou tormentas. ? As plantas cortadas e restos deben eliminarse no lugar (in situ), triturándoas a menos de 3 cm ou incinerándoas, sempre con permiso previo para a queima. ??A madeira destinada a serra ou outro uso (pellets, taboleiros, etc.) deberá enviarse a unha industria autorizada para o seu tratamento. ? Está prohibido o traslado de madeira en rolla dende zonas infestadas a zonas tampón ou libres. ? Só se permite, baixo certas condicións, o traslado de subprodutos (como cortiza ou serrín) para a súa destrución en empresas autorizadas. ??Todos os movementos de material dentro ou fóra da zona afectada deben ser comunicados ou autorizados previamente polo Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense. ? Para máis información, podedes contactar cos seguintes teléfonos do servizo de Explotacións Agrarias de Ourense: 988 386 687 988 386 571 988 386 540 ? Tamén podedes consultar a normativa completa na web: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/sanidade- vexetal/organismos-nocivos-de-corentena Agradecemos a vosa colaboración para frear a expansión desta praga que afecta gravemente aos nosos montes ?
AVISO IMPORTANTE!!

Descargas

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com