Coche
A arteria principal de Castrelo é a estrada OU-402, que une Ourense con Cortegada, e atravesa A Ponte, Santa María, Barral, San Estevo, Prado, Astariz e Troncoso.Autobús
Anpian é a empresa que presta o servizo de transporte que conecta Castrelo de Miño con Ribadavia, Ourense ou Cortegada. Ten paradas en Astariz, Prado e Barral.BusCastrelo
Dende o ano 2014, o Concello de Castrelo de Miño ofrece á veciñanza a posibilidade de desprazarse por todo o municipio con BusCastrelo por só 1 euro ou 2 no caso de que sexa ida e volta. Este servizo público de transporte conta con nove prazas e para contratalo basta con chamar o 988 493 000 cunha antelación mínima dun día antes das 11 da mañá, achegando o seu nome, domicilio e a zona á que quere desprazarse. O horario de viaxes é de mañá e os destinos son calquera que a persoa solicitante estime sempre que se atopen dentro do termo municipal.Tren
As estacións mais próximas son a de Ribadavia, a 6 km, e a de Ourense, a 29,6 km.Avión
Aeroporto de Vigo-Peinador, a 75 km.Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal
Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com