Ir arriba

Xoves, 28 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Venres, Xoves, 28 de Marzo do 2024

Primeiro Triatlón Olímpico de Castrelo de Miño

Esta proba popular terá lugar o vindeiro domingo 8 de xullo. Organizado polo clube de atletismo Corredores do Miño e coa colaboración do Concello de Castrelo de Miño.

Galería de fotos

Primeiro Triatlón Olímpico de Castrelo de Miño
O parque náutico de Castrelo de Miño consolídase como lugar de celebración de grandes eventos deportivos.

Esta proba constará dun circuito de 1.500 metros a realizar nadando nas augas do encoro, 40 km en bicicleta polas estradas do concello e outros 10 km correndo. É un circuíto moi tecnico e rápido, e estará totalmente pechado ao tráfico.
Con tal motivo o concello de Castrelo de Miño xa repartiu un bando informativo por todo o concello informando do corte de circulación da estrada OU-402 ao seu paso por Castrelo de Miño, entre os lugares de Troncoso e A Ponte, entre as 9,15 e as 12,15 horas do domingo 8 de xullo.

A data de hoxe, xa se superan os 120 participantes, o que se considera un éxito, dada a dureza da proba na súa primeira edición. Motivo polo que o concello de Castrelo de Miño transmite os seus parabéns ao Clube de Corredores do Miño, organizadores deste novo evento deportivo que nace coa intención de celebrarse moitos máis anos en Castrelo de Miño.


Para máis información:
Presidente do Clube Corredores do Miño
661942796 (Jose Manuel)
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com